xoves, 28 de maio de 2020

Adiviña, adiviñanza

Hoxe deixamosvos unha adiviñanza:

No alto vive,
no alto está,
tecendo arreo
sen liño e sen la.


¿Que animal é?



Unha pista.....

Cómo dar un susto de muerte a alguien en el móvil con arañas - AS.com

mércores, 27 de maio de 2020

Flotación

Xa que parece que chegou o bo tempo e podemos xogar coa agua sen medo a coller frío propoñémosvos un novo reto, buscar elementos que floten e elementos que non floten na auga.

Despois de facer as vosas averiguacións podedes facer un rexistro e compartilo cos demais compañeiros, a ver que descubrimos entre todos.

Deixámosvos un exemplo de rexistro pero podedes facer o voso propio.

martes, 26 de maio de 2020

luns, 25 de maio de 2020

Museos

A semana pasada celebrouse o día internacional dos museo e por iso queremos aproveitar para deixarvos o enlace a paxina de afundacion para que lle botedes unha ollada e podades observar a boa colección de arte galega coa que contamos.