mércores, 21 de decembro de 2016

Festival de Nadal


Chegou xa o ultimo día de cole antes das vacacións de Nadal e hoxe estabamos algo nerviosos xa que a pesar de que levábamos dias ensaiando a nosa actuación nunca tivemos tanto publico como esperabamos hoxe.
A pesar de todo iso pasámolo moi ben, gozamos moito representado a nosa panxoliña de Nadal e que guapos que estabamos disfrazados de Rodolfo el reno.





Con este vídeo despedímosnos do 2016 para dar a benvida no 2017. Agora tócanos gozar das vacacións de Nadal e das festas que temos nestas datas. 
Feliz Nadal e Feliz Ano Novo, volveremos a vernos o 9 de xaneiro.
Bicos e apertas para todos.


martes, 20 de decembro de 2016

As suas Maxestades de Oriente visitan A Pastora

Somos uns privilexiados, hoxe Melchor, Gaspar e Baltasar pasáronse polo cole da Pastora para recoller as cartas que lles escribimos a semana pasada no cole.
Ademais trouxeron algúns agasallos para o cole como bicis, pelotas, unha canasta, etc.
Dixéronnos que xa falta pouquiño para que pasen polas nosas casas e que debemos seguir portándonos igual de ben que o fixemos ata agora.










Esperaremos ansiosos a súa chegada o dia 6 de xaneiro.

¡¡¡¡Moitas graza Melchor, Gaspar e Baltasar!!!!


luns, 19 de decembro de 2016

O noso nome

Unha das cousas mais importantes que imos a traballar ó longo deste curso ademais das rutinas é o noso nome. 
Xa fai semanas que comezamos a facer actividades para recoñecer e comezar a escribir o nome propio, así como coñecer as letras pola que comeza e acaba o noso nome, contar as letras que ten, ver se e largo ou curto, etc.
Aquí vos deixamos algunhas fotos que mostran actividades que fomos realizando.


  • Traballamos cas fichas do máxicas do noso nome.









  •  Todos os días o encargado busca as letras do seu nome e logo escríbeo.
















  •  Xogamos a buscar as nosas fotos. Buscamos o noso nome e o darlle a volta comprobamos se aparecemos nos na foto ou se nos confundimos de nome. Posteriormente colocamos os nomes xunta a súa letra inicial.