venres, 27 de abril de 2018

AVISO

O DÍA LECTIVO PARA O NOSO CENTRO SERÁ 0 18 DE MAIO.
O LUNS 30 DE ABRIL TEMOS COLE.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS


BENQUERIDAS FAMILIAS:
O DÍA 30 DE ABRIL CELEBRAREMOS O MAIO.
PARA ELO, SOLICITAMOS A COLABORACIÓN DAS FAMILIAS PARA APORTARNOS OS MATERIAIS NECESARIOS PARA ELABORALO TALES COMO: FIUNCHO, XESTAS, PAMPULLOS (MARGARIDAS SILVESTRES), FLORES, LARANXAS, LIMÓNS, BUGALLOS, OVOS BALEIROS, ASÍ COMO CALQUERA TIPO DE MATERIAL VEXETAL QUE VÓS CONSIDEREDES.
UN SAÚDO CORDIAL

 

UNHA VISITA ENCANTADORA


 LORENA, A MAMÁ DE HUGO, INAGUROU AS VISITAS DAS FAMILIAS A CLASE ROSA!!


COMO LLES GOUSTOU OS NENOS E AS NENAS, SOBRE TODO A HUGO, NON HAI MÁIS QUE VERLLE A CARA DE ALEGRÍA. 

GRACIAS LORENA POR ATOPAR UN OCO E VIR A COMPARTIR CON NOS UN RATIÑO!! 




mércores, 25 de abril de 2018

NADAL E A MOCHILA VIAXEIRA


HOXE NADAL CONTOUNOS A SÚA EXPERIENCIA COA MOCHILA. "A MELLOR SOPA DO MUNDO" FOI O SEU LIBRO FAVORITO. GRACIAS FAMILIA!!








luns, 23 de abril de 2018

EXPERIMENTO COA LUZ DO SOL



SEGUIMOS CO NOSO EXPERIMENTO SOBRE A LUZ DO SOL. AS FABAS FORON CAMBIANDO DE FORMA ATA QUE HOXE O CHEGAR...










ATOPAMOS DÚAS ASÍ DE GRANDES....EN CAMBIO AS QUE PECHAMOS NA CAIXA SEN A LUZ DO SOL NON MODIFICARON EN CASE NADA: ESTAN PODRES E CHEIRAN MOI MAL. PUAGG!!




E POR ÚLTIMO PASAMOLAS A UNHA MACETA MÁIS AMPLIA PARA QUE ESTENDAN AS SÚAS RAÍCES E SIGAN CRECENDO.




DÍA DO LIBRO



CO MOTIVO DO DÍA DO LIBRO, ESTIVEMOS COLOREANDO E PICANDO UNHAS VOLVORETAS QUE SEMELLAN A NOSA IMAXINACIÓN  CANDO ESCOITAMOS OU LEEMOS UN CONTO.









         




                    

venres, 20 de abril de 2018

MERCURIO



XA TRABALLAMOS O SOL E A LÚA, AGORA TOCAN OS DISTINTOS PLANETAS. COMEZAMOS CON MERCURIO. UN PLANETA ROCHOSO E O MÁIS PRETIÑO O SOL. FIXEMOS UNHA PÓZIMA CON AREA, COLA, COR MARRÓN, BLANCO E NEGRO...E ASÍ DE CHULO NOS QUEDOU. PARECE ROCHA DE VERDADE!!!! SOMOS UNS/UNHAS ARTISTAS!!!





COA PLASTILINA ESCRIBIMOS ASÍ DE BEN O NOME DO PLANETEA








mércores, 18 de abril de 2018

LARA E A MOCHILA VIAXEIRA

ESTA SEMANA TOCOULLE A LARA DISFRUTAR COS CONTOS, AS PELIS E A MÚSICA. O CONTO QUE MÁIS LLE GUSTOU FOI O DE "CAPERUCHIÑA" E ASÍ DE CHULO FIXO O DEBUXO. 
GRACIAS FAMILIA!!







luns, 16 de abril de 2018

AVISO AS FAMILIAS: ACTIVIDADE OPCIONAL PARA O DÍA DO LIBRO

BENQUERIDAS FAMILIAS:

CO GALLO DA CONMEMORACIÓN DO DÍA LIBRO (23 DE ABRIL),  CONVIDÁMOSVOS A ACUDIR Á CLASE DO VOSO FILLO/A A CONTARLLE UN CONTO A PARTIR DESTA DATA.
AS FAMILIAS INTERESADAS, DEBERÁN POÑERSE EN CONTACTO COA TITORA CORRESPONDENTE PARA ACORDAR O DÍA E A HORA Á QUE POIDAN ASISTIR.
UN SAÚDO CORDIAL,

O EQUIPO DE EDUCACIÓN INFANTIL DA E.E.I. DA PASTORA

PRIMAVERA

Xunto cos nenos e nenas da clase azul, decidimos pintar unha árbore e decorala con coloridas flores.
Como en cada estación (primavera, verán, inverno e outono) sabemos que se producen cambios na nosa contorna, de aí a que traballemos sobre isto. Nesta ocasión o mes de abril está a ser un mes chuvioso, porén nós temos moitas ganas de que as flores, o sol e os paxariños acompañen os nosos días.




















Mirade onde puxemos as flores que fixemos!