Este é o blog da Aula Rosa do cole EEI A Pastora de Cambados. Nel atoparedes actividades e fotografías do día a día da nosa aula para deste xeito achegarnos ás familias. .
venres, 27 de setembro de 2019
Somos artistas
O día de hoxe convertémosnos en artistas xa que fixemos unha produción plástica utilizando corchos. A todos lles pareceu unha actividade moi divertida e quedaron uns debuxos moi chulos.
xoves, 26 de setembro de 2019
Facemos clasificacións
Hoxe traballamos por equipos e estivemos clasificando diferentes obxectos segundo a súa cor. O principio costounos un pouco compenetrarnos pero logo fixémolo xenial.
Aquí vos deixamos algunhas fotiños do dia.
Aquí vos deixamos algunhas fotiños do dia.
mércores, 25 de setembro de 2019
Rematamos o período de adaptación
E chegou o dia!!
Hoxe viñemos ó cole en horario completo e tivemos un dia moi divertido xa que por primeira vez fomos a psicomotricidade musical e a inglés. Ademais fixemos os dous recreos xunto cos demais nenos e nenas do cole.
A mañá fíxosenos algo longa e o saír do segundo patio todos tiñan moita fame xa e estaban moi cansados e con ganas de ir para a casa, aínda así, dia superado!
Aquí vos deixo algunhas fotiños
PD: lembrade que a partir de hoxe os martes e mércores temos psicomotricidade e os nenos deben de vir con chándal e zapatillas de deporte.
Un saúdo.

martes, 24 de setembro de 2019
Continuamos traballando co Polo Pepe e hoxe tocounos facerlle a Pepe un pico enorme!!
No patio xa estamos moito mais integrados, xa que onte o principio estabamos un pouco asustados con tantos nenos.
Hoxe tamen veu a buscarnos a teacher para coñecer o ximnásio e estuvemos un rato xogando.
No patio xa estamos moito mais integrados, xa que onte o principio estabamos un pouco asustados con tantos nenos.
Logo, antes de marchar para a casa, estivemos facendo recantos na aula.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)