xoves, 28 de maio de 2020

Adiviña, adiviñanza

Hoxe deixamosvos unha adiviñanza:

No alto vive,
no alto está,
tecendo arreo
sen liño e sen la.


¿Que animal é?



Unha pista.....

Cómo dar un susto de muerte a alguien en el móvil con arañas - AS.com

mércores, 27 de maio de 2020

Flotación

Xa que parece que chegou o bo tempo e podemos xogar coa agua sen medo a coller frío propoñémosvos un novo reto, buscar elementos que floten e elementos que non floten na auga.

Despois de facer as vosas averiguacións podedes facer un rexistro e compartilo cos demais compañeiros, a ver que descubrimos entre todos.

Deixámosvos un exemplo de rexistro pero podedes facer o voso propio.

martes, 26 de maio de 2020

luns, 25 de maio de 2020

Museos

A semana pasada celebrouse o día internacional dos museo e por iso queremos aproveitar para deixarvos o enlace a paxina de afundacion para que lle botedes unha ollada e podades observar a boa colección de arte galega coa que contamos.

venres, 22 de maio de 2020

Ricardo Carvalho Caleiro

Para rematar a semana das letras galegas propóñovos un novo xogo para que descubrades algunha cousiña mais sobre o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas: Ricardo Carvalho Calero. 

No seguinte enlace comeza o xogo.






xoves, 21 de maio de 2020

Variña máxica

Dende o facebook do cole propóñennos unha actividade moi chula que consiste en que cada un de vos elaboredes unha variña máxica con diferentes materiais.
Unha vez elaborada debedes de usar esa variña para facer rimas, contar historias, trabalinguas, ... en resume, para estimular a linguaxe oral e a creatividade.
Esperamos ver as vosas creacións.



mércores, 20 de maio de 2020

Na Pastora celebramos o día das Letras Galegas

Aquí tendes o vídeo dos nenos e as profes da Pastora para conmemorar o día das Letras Galegas, esperamos que vos guste.

martes, 19 de maio de 2020

Letras Galegas

A proposta para hoxe é a realización dun scape room elaborado por varias mestras.
É moi divertido, esperemos que vos guste.

ESCAPE ROOM | CEIP Nicolás del Río