Ó longo da semana estivemos traendo froitos do outono que fomos recolectando coas nosas familias. Logo no cole vimos como se chamaban eses froitos, de onde saían, como se comían e incluso os probamos para ver a que sabían.
Tamén elaboramos uns cestos moi chulos para poder meter as castañas asadas.
E chegou o gran día!!
Vimos como se asaban as castañas no lume.
Bailamos un montón.
E comemos unhas castañas riquísimas.
Deixámosvos un vídeo da canción que bailamos no patio do cole.
Ningún comentario:
Publicar un comentario