venres, 18 de outubro de 2019

Froitas de outono

Ó longo desta semana os nenos e nenas do cole da Pastora fomos traendo ó cole diversos froitos de outono.
Cos froitos que chegaron a nosa aula fomos facendo diversas actividades de clasificación, recoñecemento do nome, cor, forma, tamaño, seriacións, etc.

















Tamén saímos ó corredor para poder observar a exposición de froitos de Outono, realizada a partir das aportacións das familias, onde vimos moita mais variedade de froitas que as que tiñamos na nosa aula.











Por outro lado tivemos tempo para iniciarnos en novos xogos de mesa que temos na aula, como os pinchos, e para comezar a realizar, en grupo, series de cor cos gomets.











Ademais esta semana lemos un conto que lles gustou moito ós nenos "Pequeno Azul e Pequeno Amarelo"e fixemos o experimento de xuntar as duas cores a ver que cor saía. Ós nenos abrarioulles moito este experimento, así que seguramente mais adiante o repitamos con outras cores.

Por último deixamosvos algunhas fotos dos encargados desta semana 




Ningún comentario:

Publicar un comentario