Para rematar este trimestre escolar os encargados desta semana foron Daniela e Álex.
Esta semana tamén chegaron os últimos adornos para a árbore de Nadal, ¡mirade que chulos!.
Tamén rematamos a nosa carta para os Reis Magos.
O xoves os Reis Magos viñeron a visitarnos ó cole. Nos estábamos algo nerviosos pero fómoslle dar un bico e depositar a nosa carta no buzón. Eles as cambio déronnos unha bolsa con lambetadas e trouxéronos un montón de bicis novas para poder xogar no patio.
Para a nosa sorpresa, cando entramos no cole, debaixo da árbore de Nadal había unha caixiña para a aula rosa. Dentro había unha carta de Melchor, Gaspar e Baltasar e unha marioneta para cada un de nos. ¡Gracias Reis Magos!
E chegou o día da gran actuación, o día do festival de Nadal.
Nos saímos disfrazados de burros xa que bailamos a canción de “Mi burrito sabanero”. ¡Que ben o pasamos!
Aquí vos deixamos o vídeo de actuación. Esperamos que gozarades tanto coma nos.
Felices festas!!
Vémosnos á volta das vacacións familias.