venres, 13 de decembro de 2019

Preparámosnos para a chegada do nadal

Durante este mes de decembro o encargado do día contará con unha tarefa mais, abrir a porta correspondente ó día do mes no calendario de advento que temos na aula e comer a chocolatina que atope dentro. ¡ Que tarefa mais rica!
Ademais comezamos a compoñer o noso nome con letras imantadas seguindo o modelo e debuxámosnos, continuando así co traballo do esquema corporal.


















Esta semana chegaron adornos de Nadal para a nosa árbore realizados con corchos, ¡menudos artistas temos nas familias deste cole! 
Logo de mostralos diante dos compañeiros fomos a colgalos da árbore.













¡Que chulo esta quedando!


Como xa se aproxima o Nadal preparamos unhas postais que enviaremos as familias para desexarlles unhas felices festas. para a súa elaboración empregamos diversas técnicas plásticas e tamén realizamos un debuxo
























Por outro lado, como queda pouco para a visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, fixemos a carta para poder entregarlles, contándolles quen somos, como nos portamos ó longo do ano e o que quixeramos que nos trouxesen.










Ningún comentario:

Publicar un comentario