mércores, 29 de abril de 2020

Reto día do libro

Acordádesvos do reto que nos propuxeron dende o facebook do cole para o dia do libro? Tiñamos que enviar unha foto do noso recanto preferido de lectura.
Con todas esas fotos crearon un vídeo e así de chulo quedou.


Esperamos que vos guste.



martes, 28 de abril de 2020

Un paseo responsable.

Se onte vos deixaba un conto para poder explicarlles ós nenos as normas que temos que seguir nos nosos paseos, hoxe móstrovos un vídeo que de seguro lles vai a gustar moito.


Una salida especial on Vimeo


Non vos olvidedes de ter moito coidado co que tocan os nenos e de manter as distacias de seguridade.

luns, 27 de abril de 2020

Xa podemos saír a pasear

Dende onte os nenos menores de 14 anos xa poden saír a rúa unha hora, sempre acompañados dun adulto, nunha ratio dun quilómetro dende os seus fogares e gardando as distancias de seguridade.


Para explicarllo ós nenos dun xeito mais sinxelo déixovos o seguinte conto:

Espero que onte disfrutarades moito do paseo e recordade ser responsables, saír desta situación depende de nos.

venres, 24 de abril de 2020

Dia internacional da danza

Como celebrariades vos o dia da danza? Bailando non?
Pois a vestirse de festa é a bailar.






xoves, 23 de abril de 2020

Día do libro

Hoxe, 23 de abril, conmemorase o día do libro.
Día del libro 23 de abril. Historia día mundial libros - Dia del libro

Algunhas das profes do cole fixemos un vídeo contando o conto de Nadarín do que podemos concluír que se todos nos unimos cun mesmo obxectivo podemos lograr todo o que nos propoñamos, como agora, se todos xuntos loitamos contra o Coronavirus venceremos.



Esperamos que vos guste moito o vídeo.





Feliz día do libro.

mércores, 22 de abril de 2020

Dia da terra

Hoxe, 22 de abril, celebrase o día da terra.

22 Abril, Día de la Tierra, Feliz Día! | Día de la tierra, Dia del ...

Para a súa conmemoración propoñémosvos varias manualidades con materiais de reciclaxe.

Manualidades para niños con material reciclable 3 - YouTubeManualidades para niños con materiales reciclados | Manualidades ...Manualidades fáciles y bonitas | Para niños, para adolescentes y más10 juguetes y manualidades hechos con material reciclado

▷ ✅89 ideas fáciles de manualidades de verano con material ...45 Manualidades para niños con reciclaje faciles de hacer ...

Animadevos e compartide o resultado

martes, 21 de abril de 2020

Semana do libro


Esta semana celebramos a semana do libro e por iso temos varias propostas de actividades para vos.
Día del libro 23 de abril. Historia día mundial libros - Dia del libro

Primeiramente, dende o facebook do cole retámosvos a que nos enviedes unha foto no voso recanto preferido de lectura e co voso conto favorito e por outro lado, dende a aula virtual atoparedes uns marca páxinas para facer no apartado de biblioteca, na aula de audición e linguaxe atoparedes un trabalinguas e dende o noso nivel atoparedes unha poesía que debedes de ilustrar.

¡A traballar!

Día del libro 23 de abril. Historia día mundial libros - Dia del libro

luns, 20 de abril de 2020

Non deixedes de soñar


Os nenos da aula rosa da Pastora temos unha mensaxe moi importante que darvos.
Espero que disfrutedes tanto con este vídeo como o fixen eu elaborándoo.



Grazas a todas as familias pola súa colaboración.

¡Pronto volveremos a estar xuntos!

venres, 17 de abril de 2020

Resistiremos

Coas fotografías enviadas co voso arco da vella, dende o cole creamos un vídeo.






¡Esperamos que vos guste!


xoves, 16 de abril de 2020

Bicos e verbas

Co reto do día do bico creamos un vídeo moi chulo. 

Esperamos que vos guste.

mércores, 15 de abril de 2020

Dia mundial da arte

Hoxe, 15 de abril, celebrase o dia da arte.

15 de abril: Día Mundial del Arte – Correo del Orinoco

Que vos parece se elaboramos a nosa propia composición artística con elementos que teñamos pola casa? Déixovos algún exemplo que vos pode inspirar.

30 Manualidades de arte para niños - Alumno On | Arte para niños ...Make a Sunflower Craft Using Noodles | Manualidades para niños ...Manualidades para niños con pasta: 5 ideas creativas para jugar5 Manualidades con macarrones para niños | Ocio en Casa, Sapos y ...
17 Divertidas Ideas de Arte con Comida para Niños - YouTubeDiez recetas irresistibles con las que tus hijos querrán comer ...

Diez recetas irresistibles con las que tus hijos querrán comer ...lunch3 - MiMorelia.com



¡A crear!

martes, 14 de abril de 2020

Dia do bico

Dende o facebook do cole propóñennos un reto para celebrar o dia do bico que se celebrou o 13 de abril.

dia-internacional-del-beso - Viva el Cole


O reto consiste en compartir unha fotografÍa mandando un bico, un debuxo, un poema... algo que consideredes que pode facer chegar mostras de agarimo ós vosos compañeiros. 
Posteriormente cas imaxes elaborarase un vÍdeo moi especial.

Tamén vos propoñemos a lectura do conto "De que cor é un bico?"


FELIZ DÍA DO BICO A TODOS

venres, 3 de abril de 2020

Felices vacacións

Hoxe remata o segundo trimestre e estaremos uns días sen ter tarefas do cole, esperemos que o pasedes ben en familia e que no terceiro trimestre nos poidamos volver a ver.



Para que estes dias sexan un pouco mais entretidos déixovos un exemplo de manualidades que podedes facer nas vosas casas :

Manualidades de Pascua para niños | Manualidades de pascua para ...Manualidades pascua | Easter bunny crafts, Easy easter crafts ...

10 regalos de Pascua para niños | PequeocioManualidades infantiles de Pascua: 7 ideas geniales▷ ✅Descubre las mejores manualidades de Pascua para niños 【TOP ...Divertidas manualidades de Pascua para los pequeños de casa ...

Tamén podemos aproveitar estes dias para facer un roscón de Pascua, aquí vos deixo unha receita.


¡Felices vacacións!

xoves, 2 de abril de 2020

Día mundial de concienciación sobre o autismo

Hoxe, 2 de abril, conmemorase o día mundial de concienciación sobre o autismo. Con este motivo pretendemos concienciar ós mais pequenos de que existen persoas que ven a vida dende outro punto de vista diferente ó noso polo que todos os nenos e nenas deben de ser educados no respecto á diversidade e na inclusión.



Para conmemorar este día propoñémosvos a visualización do seguinte vídeo:





E tamén a elaboración dun molinete de cor azul.





Tamén vos deixo o enlace a un conto que fixo Pablo, un neno de 8 anos con autismo, e que expresa o que sinte a través da escritura e da música.





mércores, 1 de abril de 2020

Abalar Móbil

Esta semana remata o segundo trimestre e como non temos ocasión para poder vernos desta vez as notas chegará a casa a través da aplicación abalarMobil.












Esta aplicación é unha nova canle de comunicación entre as familias e a escola. 


Dende ela poderedes:
  • Acceder ós datos persoais.
  • Consultar as cualificacións.
  • Consultar e xustificar ausencias.
  • Solicitar cita para titorías.
  • Consultar datos do centro educativo.
  • Consultar avisos ou notificacións do profesorado ou do centro.
  • Consultar incidencias creadas polo profesorado.

Para o seu uso debedes de:
  1. Descargar dende Playstore ou AppStore a aplicación abalarMóbil no teléfono dun dos responsables do alumno cuxo número foi facilitado ó centro.
  2. Unha vez descargada abrímola e seguimos os pasos que nos indica:
    • introducir o numero de móbil.
    • introducir o código de 9 díxitos que nos envían ó móbil por sms.
    • introducir unha clave persoal.


Xa podemos acceder a información.

Déixovos o enlace a guía por se tendes calquera tipo de dificultade.