mércores, 1 de abril de 2020

Abalar Móbil

Esta semana remata o segundo trimestre e como non temos ocasión para poder vernos desta vez as notas chegará a casa a través da aplicación abalarMobil.












Esta aplicación é unha nova canle de comunicación entre as familias e a escola. 


Dende ela poderedes:
  • Acceder ós datos persoais.
  • Consultar as cualificacións.
  • Consultar e xustificar ausencias.
  • Solicitar cita para titorías.
  • Consultar datos do centro educativo.
  • Consultar avisos ou notificacións do profesorado ou do centro.
  • Consultar incidencias creadas polo profesorado.

Para o seu uso debedes de:
  1. Descargar dende Playstore ou AppStore a aplicación abalarMóbil no teléfono dun dos responsables do alumno cuxo número foi facilitado ó centro.
  2. Unha vez descargada abrímola e seguimos os pasos que nos indica:
    • introducir o numero de móbil.
    • introducir o código de 9 díxitos que nos envían ó móbil por sms.
    • introducir unha clave persoal.


Xa podemos acceder a información.

Déixovos o enlace a guía por se tendes calquera tipo de dificultade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario