mércores, 20 de xuño de 2018

AVISO AS FAMILIAS: FIN DE CURSO E OLIMPIADAS



Resultado de imagen de fin de curso imagene


Queridas familias, como se avisou na última nota, as OLIMPIADAS comezarán as 9:30 aínda que os nenos/as deben entrar as 9:15 como sempre. NON É PRECISO TRAER MERENDA A PROPORCIONA O COLE. DEBEN VIR COA CAMISETA DAS OLIMPIADAS DA PASTORA.
Recórdovos tamén que se tedes algunha dúbida ou algo que comentar sobre os boletíns de avaliación podedes facelo  a semana que ven o día que queirades que estarei polo cole. 

Hoxe fixemos unha pequena merendola coa clase azul e aproveitamos para sacar algunha foto de grupo pero...fáltanos unha compañeira que esperamos que se recupere para as Olimpíadas.
Mañá daremos por finalizado o curso 2017/2018...foi un pracer coñecervos a todos/as!!  Despídome con moita pena pero chea de cariño, de alegría, de historias cheas de risa, de emocións, de creatividade, de abrazos, de bicos... destes nenos e nenas de Cambados. Deséxovos o mellor do mundo!!
FELICES VACACIÓNS A TODOS!!! UN ABRAZO MOI GRANDE!!







Resultado de imagen de fin de curso imagene

martes, 19 de xuño de 2018

ACTUACIÓN DE ROGELIO

O venres tivemos a visita no cole dun titiriteiro. Chamábase  Rogelio e viña a pasar con nos un ratiño divertido. Rimos moito e sorprendeunos os seus trucos e malabares!!
 






 



 

venres, 8 de xuño de 2018

PROXECTO ESPAZO: URANO E NEPTUNO


Esta semana fixemos os últimos planetas URANO e NEPTUNO!!! Que pena lles deu rematar con eles, agora queren debuxar todas as constelacións!!...pero creo que xa non nos vai dar tempo...este proxecto é moi amplío e enriquecedor poderíamos investigar todos os cursos sobre o Universo!! 

Urano e Neptuno son moi parecidos, os dous están moi lonxe do sol e neles fai moito frío. En Neptuno hai refagas moi fortes de vento e un dos seus 13 satélites (Miranda) ten uns volcáns que votan auga que se transforma en neve coas baixas temperaturas que alí vai.

Para URANO utilizamos pintura con deterxente e un pouco de purpurina para adornar; e para NEPTUNO usamos as ceras Manley. 


    


                                                             
                                                             







NEPTUNO





Xa temos o noso particular Sistema Solar completado!! Que artistas e traballadores/as somos!!!





xoves, 7 de xuño de 2018

VISITA DAS FAMILIAS


ESTA VEZ FOI A TÍA DE LUIS, MAMÁ DE RODRIGO, A QUE ATOPOU UN RATIÑO PARA COMPARTIR CON TODOS NÓS.


TROUXONOS UN LIBRO SOBRE DINOSAURIOS QUE CONTA A HISTORIA DUN OVO DE DINOSAURIO QUE POR CIRCUNSTANCIAS VARIADAS ATERRIZA NUNHA ILLA DE LEMURES. CRECE ENTRE ESTES ANIMAIS, QUE SON OS SEUS AMIGOS E FAMILIA, ATA QUE UN DÍA CAE UN METEORITO QUE DESTRUE A ILLA E TEÑEN QUE NADAR ATA UN LUGAR SEGURO...ATA AQUI PUIDEMOS LER HOXE PERO DEIXANOS O LIBRO PARA CONTINUAR COAS AVENTURAS...CONSIGUEN CHEGAR A UN LUGAR SEGURO? ATOPARÁ O DINOSAURIO A  SÚA FAMILIA VERDADEIRA? COÑECERÁ A SÚA MAMÁ?


MOITAS GRACIAS POLA VISITA!!! VOLTA CANDO QUEIRAS!!







mércores, 6 de xuño de 2018

INTERCENTROS


A mestra Silvia, de Audición e Linguaxe,  invitounos a coñecer e falar cuns nenos e nenas de 5 e 6 anos dun cole de Verín. Todos aceptamos encantados porque recordamos que os cigarróns celébranse nesta localidade. Como chegar a Verín levaríanos moito tempo fixemos unha videoconferencia. Presentámonos todos e todas e fixemos as preguntas que quixemos...de que fostes disfrazados no carnaval? Que estades traballando? Sodes bos/boas na clase? Sabedes ler? Aínda que a conexión non era moi boa esa mañá,  gustounos moito e fíxonos moita ilusión coñecer a nenos/as como nos.
Grazas profe Silvia!!!