Esta semana fixemos
os últimos planetas URANO e NEPTUNO!!! Que pena lles deu rematar con eles,
agora queren debuxar todas as constelacións!!...pero creo que xa non nos vai
dar tempo...este proxecto é moi amplío e enriquecedor poderíamos investigar
todos os cursos sobre o Universo!!
Urano e Neptuno
son moi parecidos, os dous están moi lonxe do sol e neles fai moito frío. En
Neptuno hai refagas moi fortes de vento e un dos seus 13 satélites (Miranda)
ten uns volcáns que votan auga que se transforma en neve coas baixas temperaturas
que alí vai.
Para URANO utilizamos
pintura con deterxente e un pouco de purpurina para adornar; e para NEPTUNO
usamos as ceras Manley.
NEPTUNO
Xa temos o noso
particular Sistema Solar completado!! Que artistas e traballadores/as somos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario