mércores, 20 de xuño de 2018

AVISO AS FAMILIAS: FIN DE CURSO E OLIMPIADAS



Resultado de imagen de fin de curso imagene


Queridas familias, como se avisou na última nota, as OLIMPIADAS comezarán as 9:30 aínda que os nenos/as deben entrar as 9:15 como sempre. NON É PRECISO TRAER MERENDA A PROPORCIONA O COLE. DEBEN VIR COA CAMISETA DAS OLIMPIADAS DA PASTORA.
Recórdovos tamén que se tedes algunha dúbida ou algo que comentar sobre os boletíns de avaliación podedes facelo  a semana que ven o día que queirades que estarei polo cole. 

Hoxe fixemos unha pequena merendola coa clase azul e aproveitamos para sacar algunha foto de grupo pero...fáltanos unha compañeira que esperamos que se recupere para as Olimpíadas.
Mañá daremos por finalizado o curso 2017/2018...foi un pracer coñecervos a todos/as!!  Despídome con moita pena pero chea de cariño, de alegría, de historias cheas de risa, de emocións, de creatividade, de abrazos, de bicos... destes nenos e nenas de Cambados. Deséxovos o mellor do mundo!!
FELICES VACACIÓNS A TODOS!!! UN ABRAZO MOI GRANDE!!







Resultado de imagen de fin de curso imagene

Ningún comentario:

Publicar un comentario