Nesta última semana de novembro tivemos de encargados a Laura e Dani.
Xa estamos a piques de rematar o noso libriño do Pitiño Branco. Esta semana tocounos traballar con algodón, rotuladores e plastilina de cores.
Por outro lado tamén seguimos progresando no tazado vertical.
Esta semana tamén tivemos un acontecemento moi especial xa que Dani estivo de aniversario. Todos xuntos lle cantamos o cumpreanos feliz e el tróuxonos uns agasallos. ¡Felicidades Dani!
Ademais esta semana puidemos capturar algúns momentos como estes onde algúns compañeiros axudan a outro a desabotoar os botóns dos mandilóns, aínda non e unha tarefa doada para eles pero con axuda todo se consigue.
Por ultimo, e non menos importante, vos deixamos as fotografías dos traballos que realizamos para conmemorar o dia da NON VIOLENCIA DE XÉNERO, que se celebrou o 25 de novembro. E recordade: La educación es la mejor vacuna contra la violencia de genero.
Ningún comentario:
Publicar un comentario