Esta semana ó tempo para traballar reducíusenos xa que tiñamos excursión, ensaios, un aniversario e o festival de entroido. Aínda así atopamos un momentiño para facer algún traballo gráfico.
Por un lado continuamos traballando á lecto-escritura a través do nome e esta semana tocounos completar as vogais que faltaban no noso nome.
Por outro lado continuamos traballando o trazado, desta vez debuxando os cordeis dos globos, xa que esta semana estamos de festa.
Por último traballamos a lóxico-matemática a través de outro xogo novo. Empregamos dous dados, un con números e outro con puntiños, cada neno tiña que lanzalos e dicir que números lles tocou.
Ademais, antes de comezar cos acontecementos mais importantes desta semana deixámosvos as fotos de Sofia co seu traballiño da mochila viaxeira e dos encargados da semana.
E agora comezamos a explicarvos esta semana tan especial.
Co motivo no entroido esta semana tocaba seguir o mandadiño, polo que o luns tivemos que traer algo na cabeza.
¡Así de guapos viñeron os nenos da aula rosa!
Ademais celebramos o aniversario de Bruno, que cumpría 4 anos.
Cantámoslle varias veces, xa que sempre queren repetir...
...e sopramos as velas.
E como non, disfrutamos dun rico biscoito!
Felicidades Bruno e grazas a súa familia polo pastel e os regaliños!
O martes tocabanos saír de excursión ó teatro a ver a obra "O lobo e a lua" así que subimos no autobus para dirixirnos a Pontevedra.
Unha vez en Pontevedra dispuxémosnos a merendar unha galletas ó sol, antes de entrar no teatro.
E logo fixemos un tren para ir todos xuntos camiñando ata o teatro.
Unha vez no teatro tocounos esperar un pouco para entrar, xa que eramos moitos nenos de varios coles.
E unha vez dentro sentámosnos e esperamos a que comezase a obra.
Durante a obra todos nos portamos moi ben e estivemos moi atentos.
Aquí vos deixamos o enlace ó tráiler da obra.
Unha vez rematou a obra volvemos a saír en tren ó parque para coller o autobús de regreso á casa.
Xa no autobús de regreso ó cole algúns tiñamos cara de cansados e incluso puidemos aproveitar para botar unha pequena sesta.
Sen dubida, ¡pasámolo xenial!
O mércores volviamos a seguir ó mandadiño e desta vez tocábanos poñer algo nos pes.
¡Mirade que enxeñosos estes nenos!
O xoves, seguindo o mandadiño tocábanos traer algo no corpo, e así apareceron estes cativos.
¡Que divertido!
Por ultimo chegou o gran dia, o venres, o día do festival para o que tanto ensaiamos durante semanas.
Os nenos de 4º fomos disfrazado do monstro de cores, xa que é o proxecto que estamos traballando, e disfrazámosnos de todas as emocións.
Dani e Nerea ían de alegría.
Laura e Bruno ían de medo.
Manuel e Uxía ían de calma.
Adrián e Gerald ían de amor.
Sofía e Álex ían de medo.
Manu e Daniela ían de tristeza.
¡Que guapos estaban estes pequenos monstros!
E así de ben actuaron