venres, 7 de febreiro de 2020

Comezamos febreiro

Como ben sabedes estamos traballando o nome propio. Esta semana tocounos trazar o nome con rotulador seguindo o punteado e encher o noso nome con gomets de cores.





O outro proxecto que estamos levando a cabo, ademais do do nome é o do "Monstro de cores". Esta semana tocounos pintar o monstro da alegría, que é de cor amarelo, con pinceis, e logo poñer a etiqueta da alegría.











Por outro lado estivemos descubrindo xogos novos de series e de clasificacións.




E tamén xogamos cas pedras de cores que tanto nos gustan. Algúns fixeron debuxos, outros o seu nome, outros clasificacións de cores... 
¡canto xogo nos dan estas pedras!








Para finalizar deixámosvos as fotos dos encargados da semana.





Ningún comentario:

Publicar un comentario