venres, 14 de febreiro de 2020

O texto mais importante: o noso nome.

Como vimos facendo en semanas anteriores compartimos con vos os traballos que estamos facendo sobre o noso nome, que é o texto mais importante para cada un deles. 
Esta semana tocounos completar o noso nome con letras con gomets, estampar o noso nome con tampóns de letras e buscar as letras que compoñen o noso nome.
























Continuando co proxecto do "monstro de cores" esta semana representamos as emocións do monstro cas pedriñas de cores. Primeiramente o monstro atopábase enleado, polo que tiñamos todas as pedras mesturadas, pero logo, pouco a pouco fomos clasificando as emocións ata lograr ter todas as cores separadas.

Esta actividade gustounos moito e seguramente a volvamos a repetir.




Logo fixemos varios traballos gráficos sobre o Monstro:
- Debuxamos o noso monstro.






- Pintamos con pinceis o monstro da calma e colocamos a súa etiqueta.




- Clasificamos gomets de cores en diferentes botes, como se fosen as emocións do monstro.





Con respecto ó traballo da lóxica-matemática esta semana fixemos un novo xogo. Ordenamos a serie numérica do 1 ó 5 e logo fixemos asociacións de numero-cantidade poñendo sobre cada cadro á cantidade de obxecto que indicaba o numero.




Para finalizar deixámosvos a fotografía de Manu co seu traballo da mochila viaxeira e a dos encargados desta semana.









Ningún comentario:

Publicar un comentario