Este é o blog da Aula Rosa do cole EEI A Pastora de Cambados.
Nel atoparedes actividades e fotografías do día a día da nosa aula para deste xeito achegarnos ás familias.
.
Como ven sabedes, no cole estabamos a traballar o monstro de cores, por iso vos quero deixar a continuación unha serie de recursos que podedes descargar.
No seguinte enlace á paxina de Anna Llennas, autora do conto, atoparedes tres libros con posibilidade de descargar:
Recurso 1: os botes do monstro de cores.
Recurso 2: debuxos das diferentes emocións.
Recurso 3: fotocopias neutras.
Recurso 4: máscaras das diferentes emocións.
Recurso 5: enlace a actividades de pinterest sobre o monstro de cores.
Hoxe dende o facebook da pastora fannos unha proposta de actividade moi chula que consiste en crear unha cadea entre todos os nenos do cole compartindo un arco da vella , debuxado por nos ou creado con diferentes materiais, con algún lema.
Este sábado, o 20 de marzo, da comezo a primavera e para iso propóñovos unha actividade:
"plantar unha semente"
Para iso podemos empregar lentellas, fabas, ou calquera tipo de semente que teñades.
Podemos usar diferentes recipientes e tamén empregar terra ou algodón.
Por outro lado, posteriormente podemos facer comparacións, ¿medran mais a planta na terra ou en algodón?, ¿medra antes a faba ou a lentella?, se poñemos un recipiente a luz do sol e outro nun moble escuro ¿medrarán de xeito igual?
Aínda que non poidamos continuar indo ó cole estes dias imos a continuar mantendo o contacto, para iso podedes seguir o facebook do cole "EEI da Pastora" onde iremos colgando retos, propostas de actividades, etc, ademais podedes enviarnos fotografías ou deixar comentarios.
Debido ás circunstancias especiais nas que nos atopamos e de acordo cas instrucións elaboradas pola Consellería de Educación, o profesorado da EEI a Pastora iremos propoñendo unha serie de actividades na aula virtual.
Para o seu acceso primeiramente debedes de entrar na páxina web do centro:
Unha vez ahí debemos de clicar na pestana que pon "aula virtual" e entrar co acceso de "convidado".
Xa dentro da aula virtual atoparedes actividades para os diferentes cursos, no noso caso 4º nivel, e tamén das diferentes especialidades: biblioteca, lingua inglesa, audición e linguaxe e psicomotricidade musical.
Dentro do apartado de 4º nivel atoparedes as actividades organizadas en:
Actividades de lóxico-matemática (luns, mércores e venres)
Actividades de lecto-escritura (xoves)
Actividades de grafomotricidade e motricidade fina (martes)
Para cada día, segundo o dia da semana que sexa, tendes un tipo de actividade e dúas propostas:
Actividade manipulativa: realizarémola sempre de primeira
Actividade gráfica: que podedes descargar e imprimir ou facela vos nunha folla.
Tende en conta que estas actividades son de carácter VOLUNTARIO.
Para poder explicarlles ós nenos dun xeito mais sinxelo a situación pola que estamos a pasar deixovos a ligazón a un conto sobre o Coronavirus elaborado pola Psicóloga Manuela Molina.
Medidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid- 19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020
MEDIDAS A ADOPTAR EN TODOS OS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO (12/03/2020)
Suspensión de todo tipo de actividade lectiva regulada en todos os centros de ensino non universitario. Esta suspensión inclúe tamén os servizos educativos complementarios, nomeadamente, o comedor, transporte e servizo de madrugadores, con independencia de quen sexa o organizador dos devanditos servizos.
Suspéndense no ámbito educativo todas as viaxes de estudos, excursións, ou calquera tipo de desprazamento de grupos de alumnado ou de profesorado.
Suspéndense no ámbito educativo todo tipo de festivais, galas ou actividades que impliquen a reunión de alumnado.
O persoal docente e non docente terá a obriga de acudir ao centro educativo. Para os efectos de favorecer a conciliación do persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, o equipo directivo poderá reorganizar o horario de permanencia no centro educativo de cada docente ou persoal de administración e servizos, cumprindo co cómputo total anual do mesmo e debendo reorganizar as tarefas para adecuar a prestación dos servizos básicos de información, atención e tutorización non presencial da súa comunidade educativa. Todo elo dentro do horario de apertura habitual do centro. Esta medida é de aplicación ao persoal que non presente sintomatoloxía.
Como medida extraordinaria para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral de aquel persoal con fillos e fillas menores de 18 anos ou maiores que presenten algunha discapacidade e persoas maiores dependentes, este poderá realizar a súa actividade laboral mediante o sistema de teletraballo nunha porcentaxe non superior ao 50% do seu horario total de permanencia no centro
O profesorado programará nas páxinas web dos centros ou por outros medios telemáticos, accesibles ao seu alumnado, actividades xenéricas relacionadas cos contidos curriculares para que o seu alumnado as poida realizar no seu domicilio, e fará o seu seguimento, pero non terán carácter de avaliables.
Para o alumnado de 2º de Bacharelato o profesorado adoptará todas as medidas específicas necesarias (telemáticas) para garantir de forma non presencial a continuidade das actividades lectivas dos contidos curriculares.
Suspéndense as prácticas de Formación Profesional (módulo FCT) que se realicen en empresas, incluídas as asociadas a Erasmus +
Reprogramarase individualmente para cada alumno ou empresa a actividade formativa nos centros de traballo para as ensinanzas impartidas na modalidade de FPDual.
Nos centros de Educación Especial con servizo de residencia NON se suspende a permanencia do alumnado, agás no caso en que presente sintomatoloxía, en cuxo caso, as autoridades sanitarias adoptarán as medidas pertinentes que garantan o non contacto co resto dos usuarios.
Suspéndese a permanencia de usuarios nos centros residenciais docentes.
Suspéndense todas as actividades de formación do profesorado que teñan carácter presencial.
A continuación tamén vos deixo unhas ligazóns do Servizo Galego de Saúde con mais información sobre o COVID-19
O pasado 8 de marzo celebramos o día internacional da muller e para a súa conmemoración cada neno debía de traer unha folla cunha fotografía dunha muller importante xunto coa explicación de porque esa muller era importante.
Aquí vos deixamos os nosos traballiños.
Por outra banda continuamos cos xogos de cartas para traballar a asociación numero-cantidade.
e tamén continuamos progresando no trazado vertical.
Con respecto ó proxecto do noso nome esta semana tocounos buscar o noso nome entre varios nomes de nenos e nenas da nosa aula.
E con respecto o proxecto do "Monstro de cores" repetimos unha actividade de clasificación de gomets de cores en tarros, traballando así a psicomotricidade fina.
Esta semana tamén fixemos un taller xunto coa aula azul para preparar decoración para o noso corredor.
Neste taller pintamos un monstro de cores xigante con tempera verde.
E cada neno deixou unha pegada da cor da súa aula no traxe da nena que acompaña o monstro de cores.
Mentres estivemos traballando escoitamos esta canción:
Logo esperamos uns días a que secara o monstro para colocarlle las de diferentes cores e facer así un monstro enleado.
¡Mirade que chulo quedou!
Despois de crear o monstro xigante creamos o noso propio monstro de xeito individual para facer as portadas do noso proxecto.
E tamén pintamos con pintura de dedos o retrato de Rosalía de Castro para colocar no corredor xunto coa súa exposición.
Mentres pintabamos a Rosalía escoitamos a seguinte canción:
Esta semana tamén foi moi especial xa que tivemos dous aniversarios, Adrián e Nerea cumprían 4 anos.
O mercores cantamoslle o cumpreanos feliz a Adrián e sopramos as velas.
E disfrutamos dun rico biscoito.
O xoves era o turno de Nerea
Cantamoslle varias cancións e sopramos as velas con ela.
Logo gozamos desa espectacular tarta de cumpreanos.
¡Felicidades Adrián e Nerea!
Por ultimo deixamosvos as fotos do traballiño de Álex da mochila viaxeira e os encargados da semana.