luns, 16 de marzo de 2020

Aula virtual

Debido ás circunstancias especiais nas que nos atopamos e de acordo cas instrucións elaboradas pola Consellería de Educación, o profesorado da EEI a Pastora iremos propoñendo unha serie de actividades na aula virtual.

Para o seu acceso primeiramente debedes de entrar na páxina web do centro: 

Unha vez ahí debemos de clicar na pestana que pon "aula virtual" e entrar co acceso de "convidado".





Xa dentro da aula virtual atoparedes actividades para os diferentes cursos, no noso caso 4º nivel, e tamén das diferentes especialidades: biblioteca, lingua inglesa, audición e linguaxe e psicomotricidade musical.



Dentro do apartado de 4º nivel atoparedes as actividades organizadas en: 
  • Actividades de lóxico-matemática (luns, mércores e venres)
  • Actividades de lecto-escritura (xoves)
  • Actividades de grafomotricidade e motricidade fina (martes)

Para cada día, segundo o dia da semana que sexa, tendes un tipo de actividade e dúas propostas:
  • Actividade manipulativa: realizarémola sempre de primeira
  • Actividade gráfica: que podedes descargar e imprimir ou facela vos nunha folla.


Tende en conta que estas actividades son de carácter VOLUNTARIO.


Ningún comentario:

Publicar un comentario