venres, 6 de marzo de 2020

A caixa máxica

Esta semana tiñamos na aula unha sorpresa especial, unha caixa máxica. 

Despois da asemblea abrimos a caixa e dentro dela había nada mais e nada menos que un monstro de cores enleado e varios botes.



Entre todos chegamos a conclusión que o que debiamos facer era desenlear ese monstro e clasificar as las nos diferentes botes segundo a súa cor.



















Por outro lado comezamos a traballar a lecto-escritura con algúns xogos de asociar a palabra coa súa letra inicial, que neste caso eran vogais.









E continuamos traballando a lóxico-matemática co xogo dos dados. Desta vez tiñamos que lanzar o dado e avanzar na alfombra dando tantos saltos como nos indicase o dado.
















E tamén fixemos asociacións de numero-cantidade con diferentes xogos de cartas.





Por outra banda, esta semana comezamos a empregar o ordenador da aula para realizar diferentes xogos educativos e pasamolo super ben.




Con respecto ó noso proxecto do nome esta semana tocounos compoñer o noso nome con letras de goma eva. Primeiramente tiñamos que buscar as letras que compoñen o noso nome e logo pegalas ordenadamente.





















E tamén traballamos o trazo vertical.






O ultimo día da semana tiñamos unha nova sorpresa na caixa máxica, o libro dos nosos nomes.

Xa vos mostraremos mais fotografías do contido dese libro.



E o venres esperábanos outra sorpresa especial, e é que dúas profes da academia de KIDS&US nos viñeron a representar unha obra de teatro. Gustounos un montón e algúns incluso participamos nesa obra.

















Deixámosvos tamén as fotos do traballo de Manuel da mochila viaxeira e as fotos dos encargados da semana.









Por último queremos mostrarvos o novo recanto que creamos na aula sobre o "Monstro de cores".



 E as exposicións que temos na entrada do cole.

Exposición de Rosalía de Castro, xa que o 24 de febreiro foi o seu día.



Exposición sobre o mar, xa que os nenos de 5º e 6º están a traballar sobre el.



Exposición sobre o día internacional da muller que se celebra o próximo día 8 de marzo.













Ningún comentario:

Publicar un comentario