venres, 28 de abril de 2017

Festa dos maios

Hoxe foi un día diferente no colexio e é que fixemos a festa dos maios. 
Todos os nenos chegaban moi contentos ó cole cargados de flores, fiúncho, pampullos, etc.
Despois de colocar cada material no seu sitio puxémosnos mans a obra, tocábanos preparar os pampullos para que os maiores fixeran os colares de flores para o noso maio, así que fómoslle arrancando os tallos as flores. 


Despois, como aínda nos deu tempiño fixemos uns colares de palomitas que arrecendían que daban gusto.


Por ultimo saímos a ver como de chulo quedara o noso maio, elaborado por todos os nenos e profes do cole. Escoitamos algunhas cancións típicas do maio e sacamos unhas fotiños co maio.
¡¡Benvido sexas Maio!!

Django trae de volta a mochila viaxeira

Django chegaba moi contento ó cole coa mochila da aula rosa de volta á escola. Contounos que leu todos os libros, que escoitou os cds de música e veu o dvd xunto cos seus papas. 
Cando fomos a ver a libretiña na que deben plasmar o que máis lle gustou da mochila viaxeira atopamos de novo o debuxo de Cocorico ¡que éxito ten este pitiño!
Grazas a Django e a súa familia polo traballo.

xoves, 27 de abril de 2017

Iván sorprendenos con dous contiños

Hoxe Iván, o papá de Hugo, veu ó cole a contarnos dous contos super chulos "Tu y yo, yo y tu" e "Papá non sabe".
Igual que o outro día a todos lles gustaron moito os dous contos.
¡Moitas grazas por vir Iván!
Esperamos desexosos que veñan mais familiares a lernos contos.

 

mércores, 26 de abril de 2017

Os maios

Este venres celebramos os maios e precisamos da vosa colaboración.

martes, 25 de abril de 2017

Encarna tamen ven a contarnos uns contiños

Hoxe Encarna, a mama de Angela, veu o cole a contarnos un conto para celebrar o dia do libro. Dado que eran algo curtiño doulle tempo a contarnos dous "A eiruga glotona" e "Caillou duerme solo".
Asi que tivemos contos para todos os gustos, a uns gustaballes mais o da eiruga e a outros o de caillou.
Gracias Encarna!!!
Dende aqui animamos a todos os pais, nais, avos, tios, padriños... que veñan o cole a contarnos algun conto xa que nos gustan moito.

luns, 24 de abril de 2017

Lápices ó centro

Hoxe continuamos facendo traballo cooperativo ca técnica de lápices ó centro. 

Ós nenos gústalles moito traballar deste xeito xa que o facemos en equipo e axudándonos uns ós outros.