xoves, 20 de abril de 2017

Leo e Lía traen de volta á escola a mochila viaxeira

Despois dunhas semanas Leo e Lía traen de volta a mochila viaxeira ó cole. Ós dous lle gustou moito todo o que levava a mochila aínda que cada un ten os seus contos favoritos, a Lía encántalle Cocorico e a Leo gústalle tanto Cocorico como Macario Dromedario. A súa nai explicounos que incluso de noite, á hora de ler o conto, os dous tiñan unha pequena discusión xa que Lía só quería ler Cocorico e Leo quería ler varios contos diferentes.
Aquí vos deixamos algunhas imaxes do traballo destes cativos.

 ¡Bo traballo chicos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario