venres, 28 de abril de 2017

Django trae de volta a mochila viaxeira

Django chegaba moi contento ó cole coa mochila da aula rosa de volta á escola. Contounos que leu todos os libros, que escoitou os cds de música e veu o dvd xunto cos seus papas. 
Cando fomos a ver a libretiña na que deben plasmar o que máis lle gustou da mochila viaxeira atopamos de novo o debuxo de Cocorico ¡que éxito ten este pitiño!
Grazas a Django e a súa familia polo traballo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario