venres, 28 de abril de 2017

Festa dos maios

Hoxe foi un día diferente no colexio e é que fixemos a festa dos maios. 
Todos os nenos chegaban moi contentos ó cole cargados de flores, fiúncho, pampullos, etc.
Despois de colocar cada material no seu sitio puxémosnos mans a obra, tocábanos preparar os pampullos para que os maiores fixeran os colares de flores para o noso maio, así que fómoslle arrancando os tallos as flores. 


Despois, como aínda nos deu tempiño fixemos uns colares de palomitas que arrecendían que daban gusto.


Por ultimo saímos a ver como de chulo quedara o noso maio, elaborado por todos os nenos e profes do cole. Escoitamos algunhas cancións típicas do maio e sacamos unhas fotiños co maio.
¡¡Benvido sexas Maio!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario