No cole estamos traballando as figuras xeométricas e desta vez fixemos un traballiño combinando os conceptos de cadrado, circulo e triángulo xunto cas cores.
Por outra banda, tamén cas cores, traballamos os conceptos de grande, pequeno e mediano.
Este ano, no colexio, os nenos de 5º e 6º están levando a cabo un proxecto sobre a “perseveración dos fondos mariños” e dende o equipo de dinamización la lingua galega propúxose crear un calendario para enviar ás familias. Cada aula tiña que facer unha creación plástica sobre o proxecto para a fotografía do seu calendario.
Na nosa aula decidimos crear un fondo mariño. Para iso primeiramente cortamos anaquiños de papel de seda en diferentes tonos verdes para facer as algas, e logo pintamos macarróns en espirais de cor vermella para crear corais.
Despois de traballar a reo a nosa creación quedou así:
Por outra banda seguimos traballando nos conceptos de numero-cantidade, e desta vez tocounos un xogo de asociación.
¡Mirade que ben o fixemos!
Neste trimestre un dos proxectos que levaremos a cabo será o noso nome.
O texto mais importante para cada un deles e o seu nome e por iso comezaremos con el para ir coñecendo as diferentes letras, as súas grafías e os seus sons.
Esta semana tamén foi unha semana especial xa que tiñamos o primeiro aniversario do ano. E é que Laura cumpría 4 anos.
Moitas felicidades Laura!
E grazas polo rico biscoito!
Outro acontecemento importante da semana foi a mochila viaxeira.
Esta semana tocoulle a Dani levala por primeira vez a súa casa e regresou moi contento o cole.
A Dani o que mais lle gustou da mochila foi o conto de “corre corre cabaciña”
Grazas a Dani e a súa familia pola colaboración neste traballiño.
Por ultimo os encargado desta semana foron:
Ningún comentario:
Publicar un comentario