venres, 17 de xaneiro de 2020

Os Reis Magos pasaron polo cole

Os Reis Magos non se esqueceron de pasar polo cole da Pastora. 
Na biblioteca deixáronos un recanto de xogo con material non estruturado como unha mesa de luz, diverso material translúcido,  un arco da vella de madeira, etc.. Esta semana, polo tanto, pasámosnos pola biblioteca do cole a coñecer todo ese material e crear con el diversas figuras.


Por outro lado quixemos  reflectir que foi o que nos trouxeron os Reis Magos nas nosas casa a través do debuxo e aproveitamos tamén para traballar o nome, xa que cada un tiña que construír o seu nome con gomets de letras.





Durante o primeiro trimestre estivemos traballando as diferentes figuras xeométricas a través de xogos, clasificacións e da manipulación, e agora tocabamos deixar plasmado ese aprendizaxe, traballando o mesmo tempo as cantidades.







Por último deixámosvos as fotografías dos encargados do dia.









Ningún comentario:

Publicar un comentario