Ó longo desta semana seguimos traballando o noso nome: completamos o nome cas letras que nos faltan e trazamos o nome con pinturas de dedos.
Ademáis comezamos a traballar o trazado do numero 1.
Por outro lado, como ven sabedes, o dia 30 de xaneiro conmemorase o Día Escolar da Non Violencia e da Paz.
Dende a aula decidimos crear un corazón grande con corazóns pequenos e de diferentes cores, simulando tamén un arco da vella. Ademais cada neno escribiu unha palabra en cada fila de corazóns.
Aquí tendes o resultado. Quedou moi chulo!
Logo de colgar o noso móbil todos os nenos saímos ó patio para bailar a canción de "A polca da paz".
Para finalizar deixámosvos a foto de Nerea co seu debuxo da "mochila viaxeira" e a foto dos encargados do día desta semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario