xoves, 16 de febreiro de 2017

O mandadiño

Hoxe os nenos levan unha nota para a casa co mandadiño de entroido deste ano.
Recordade que o luns non viremos disfrazados xa que imos de excursion.
¡Que ganas de que chegue o entroido!

Rosalía de Castro visita o cole da Pastora

Seguimos traballando a Rosalía de Castro. Hoxe fixemos unha ficha na que tivemos que completar onde naceu Rosalía, en Padrón, a que se adicaba e que escribiu moitos libros e outra na que completamos un poemiña moi sinxelo da poetisa.

















Ademais tivemos unha visita inesperada no cole e é que nos visitou Rosalía para contarnos un pouco da súa vida e recitarnos algúns dos seus poemas.








martes, 14 de febreiro de 2017

Rosalía pequeniña

Seguimos traballando e buscando información para saber mais sobre Rosalía de Castro.
Na rede atopamos unha canción moi chula do libro-disco de "Rosalía pequeniña" de Uxía Senlle da editorial Galaxia. Despois de tanto escoitala, xa que nos gustaba moito, case aprendemos a cancion e logo preparamos unha ficha sobre ela para levar para a casa.
Mirade como traballamos.








Deixamosvos aquí o ligazón á canción para que poidades esoitala nas vosas casas.

luns, 13 de febreiro de 2017

Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro é o dia de Rosalía de Castro, celebrase este dia xa que é o dia do seu nacemento, neste ano 2017 fai 180 anos que naceu Rosalia e no cole non podiamos pasar por alto este acontecemento.
Hoxe comezamos a falar sobre quen era Rosalía de Castro, onde naceu, cal era o seu oficio e tamén falamos sobre todo o que fixo por Galicia e principalmente polo idioma galego.
Ó longo de estes dias iremos traballando cousas sobre a escritora pero hoxe comezamos pola súa caricatura. Todos os nenos despegaron as súas dotes artísticas e quedáronos uns cadros preciosos.







venres, 10 de febreiro de 2017

Imos o teatro ver a obra "Osiño"

Pola mañá había unha revolución no cole, e é que todos os nenos estaban moi emocionados, pois iamos ir en autobus a Pontevedra a ver a obra de "Osiño".








Saida ó teatro

O luns 20 de febreiro de 2017 sairemos ó teatro a Pontevedra a ver a obra "Osiño" polo que necesitamos que nos enviedes as autorización cubertas antes do mércores 15. 
Grazas.


Paula trae de volta ó cole a mochila viaxeira.

Hoxe pola mañá Paula viña moi contenta pois, despois dunha semaniña na súa casa, traía a mochila viaxeira de regreso ó cole. Contounos a todos que lera todos os contos e escoitara a músicas dos CDs e vira o DVD, pero que sen dúbida o que mais lle gustou de todo o material da mochila foi o conto de Cocorico.

 
 

Que éxito está tendo Cocorico na casa de estos cativos!!
Bo traballo Paula!