xoves, 2 de febreiro de 2017

Continuamos cos dinosauros

Hoxe Hugo tiña unha sorpresa preparada para todos nos, e é que o seu papá Ivan fíxolle un super debuxo dun Espinosauros, papá fixo o debuxo e Hugo escribiu o nome do dino. Ademais trouxo outros debuxos de dinosauros que descargaron da rede  para colorear.







Ademais na hora do conto, antes de marchar, tiñamos outra sorpresa e é que Leo e Lía trouxeron fai uns dias a peli de "El viaje de Arlo" e hoxe comezamos a ver un anaquiño. Todos estaban moi concentrados e emocionados, encántalles!!
Continuarémola vendo ós poucos.




Ningún comentario:

Publicar un comentario