luns, 13 de febreiro de 2017

Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro é o dia de Rosalía de Castro, celebrase este dia xa que é o dia do seu nacemento, neste ano 2017 fai 180 anos que naceu Rosalia e no cole non podiamos pasar por alto este acontecemento.
Hoxe comezamos a falar sobre quen era Rosalía de Castro, onde naceu, cal era o seu oficio e tamén falamos sobre todo o que fixo por Galicia e principalmente polo idioma galego.
Ó longo de estes dias iremos traballando cousas sobre a escritora pero hoxe comezamos pola súa caricatura. Todos os nenos despegaron as súas dotes artísticas e quedáronos uns cadros preciosos.







Ningún comentario:

Publicar un comentario