Despois da merenda tiñamos unha visita especial na aula, o Bee bot.
A semana pasada e toda esta semana estivemos traballando sobre a letra A, como se escribe, que nomes comezan por A, que nenos da clase teñen A no seu nome, palabras que comezan por A... E hoxe tocaba o dia de xogar co Bee bot e a letra A.
Cada un de nos escollía unha das palabras que comezaba por A e dirixía a través do comando das frechas ó bee bot ata a celda escollida. Despois mirabamos cantas letras A tiña esa palabra, que outras letras coñeciamos da palabra, etc.
Encantounos poder xogar con este robot e para ser o primeiro día fixémolo moi ben, pouco a pouco iremos collendo máis práctica e poderemos subir algún vídeo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario