Hoxe Manuel chegaba cargadiño ó cole, aínda que dicía que non necesitaba axuda que podía el solo ca mochila viaxeira.
Despois da asemblea tocáballe ensinarnos os contos que lera durante a semana na súa casa e o que rexistraron no caderno de bitácora.
Moi contento contounos que lle gustara moito todo, que lera os contos con súa nai, que escoitara os cds de música e que tamén vira o dvd pero Manuel confesounos que o que mais lle gustou de todo foi o conto de Cocorico e así o rexistrou no caderno como podedes ver.
Ningún comentario:
Publicar un comentario