martes, 30 de maio de 2017

Pablo ven a contarnos historias dos bolechas

Hoxe tivemos unha visita especial no cole e é que Pablo, o irmán de Luís, veu a contarnos uns cotiños que nos encantan de "Os bolechas".

Todos estivemos moi atentos mentres Pablo lía e nos ensinaba as ilustracións e incluso cando rematou lle pedimos que seguise contando mais contos.

Moitas grazas por vir Pablo, esperamos que regreses pronto ó cole con mais libros.


 

venres, 26 de maio de 2017

Joel cumple 4

Onte Joel estaba de aniversario pero como saímos de excursión non puidemos celebralo e aprazámolo para hoxe. 
Así pola mañá Joel chegaba cargadiño de bolsas de chuches que despois de cantarlle o cumpleanos feliz varias veces, e en varios idiomas (castelán, inglés, galego), repartiu entre os seus amiguiños. 
Moitas felicidades Joel!!!

xoves, 25 de maio de 2017

Saímos de excursion no pavitren

Que emoción hoxe na entrada ó colexio, e é que saíamos de excursión.
Por fin chegou o ansiado día. 
Despois de facer as rutinas diarias, repasar as normas que temos que seguir na excursión e facer un pis saímos do cole para coller o Pavitren. 
Nada mais ver o Pavitren os nenos puxéronse super contentos xa que o vehículo no que iamos a saír de ruta, palabras textuais, "mola un montón".

Dende o colexio fomos ata o Barrio de San Tomé no cal fixemos a parada para ver a torre de San Sadurniño, sacar unhas fotos e merendar. Ademais dende alí vimos como traballaban as mariscadoras e puidemos falar con algunha delas.



Logo volvemos a coller o tren que nos levou por Cambados e por Fefiñans.


O que mais lles gustaba ós nenos era ir indicándolle ós demais onde estaban as súas casas. 
A excursión foi curta pero pasámolo moi ben.

luns, 22 de maio de 2017

Nadal trae de volta a mochila viaxeira

Nadal trouxo de volta ó cole a mochila viaxeira co seu traballiño feito.
Coa compañía da súa familia leu todos os contos e escoitou os cds de música e de todo o material que leva a mochila o que mais lle gustou foi o conto de Cocorico.
Bo traballo Nadal!

Xavi mostranos o seu traballo ca mochila viaxeira

O venres Xavi non viña ó cole porque non se atopaba ben, pero a súa mamá traia a mochila viaxeira para que outro neno a puidese levar. Polo tanto cando a mochila regresou á escola Xavi ensinounos o que fixera coa axuda dos seus pais. 
Como a case todos os nenos o que máis lle gustou foi o conto de cocorico.
Aquí vos deixamos as fotos do seu traballo.
Gracias Xavi e familia!

venres, 19 de maio de 2017

Realidade aumentada con Quiver


Hoxe pintamos un debuxo dun dinosauro, cada cal pintouno como máis lle gustaba, parecía un debuxo calquera, pero todo cambiou cando o vimos a través da tablet, e é que o noso dinosauro cobraba vida e incluso podíamos xogar con el a tirar uns penaltis a portería. Foi todo un descubrimento.
Todos vos dende as vosas casas podedes facer o mesmo con este ou outros debuxos que podedes descarga de xeito gratuíto dende a seguinte paxina  http://www.quivervision.com/  e logo visualizar ca aplicación Quiver, ben dende a tablet ou dende o móbil.
Animámosvos a facelo xa que os nenos gozaron un montón

xoves, 18 de maio de 2017

Aldhara cumple 4

Que contenta chegaba hoxe Aldhara o cole!! 
Xa levaba varios días anunciándolles a nenos e mestras que faltaba pouco para o seu aniversario e por fin chegou o día. 
A súa mama preparou unha torta super rica a cal lle puxemos a vela para soprar e logo de cantar o cumpleanos feliz varias veces por fin chegou o momento de degustala, e é que a estes nenos gústanlles un montón os doces, son uns larpeiros.
Felicidades Aldhara, xa tes 4 aniños!!

luns, 15 de maio de 2017

Semana das Letras Galegas

Ó longo desta semana estivemos preparándonos para a conmemoración das Letras Galegas. 

Este ano o día das Letras Galegas adicámosllo a Carlos Casares, escritor galego nacido en Ourense, e no cole leemos tres libros infantís deste autor como son:
 "A galiña azul", "As laranxas mais laranxas de todas as laranxas" e "Lolo anda en bicicleta".
























 Ademais na rede puidemos ver algúns traballos realizados nalgúns colexios sobre estes libros como son os seguintes.


Por outro lado no cole preparamos o panel das Letras Galegas para poñer no paseo da Calzada de Cambados. O motivo do panel deste ano foi a Galiña Azul de Carlos Casares e nos traballamos pintando o fondo do panel de cor amarelo, logo os nenos de 4 e 5 anos encargáronse da decoración da galiña. 












Así de bonito nos quedou o panel.