xoves, 25 de maio de 2017

Saímos de excursion no pavitren

Que emoción hoxe na entrada ó colexio, e é que saíamos de excursión.
Por fin chegou o ansiado día. 
Despois de facer as rutinas diarias, repasar as normas que temos que seguir na excursión e facer un pis saímos do cole para coller o Pavitren. 
Nada mais ver o Pavitren os nenos puxéronse super contentos xa que o vehículo no que iamos a saír de ruta, palabras textuais, "mola un montón".

Dende o colexio fomos ata o Barrio de San Tomé no cal fixemos a parada para ver a torre de San Sadurniño, sacar unhas fotos e merendar. Ademais dende alí vimos como traballaban as mariscadoras e puidemos falar con algunha delas.



Logo volvemos a coller o tren que nos levou por Cambados e por Fefiñans.


O que mais lles gustaba ós nenos era ir indicándolle ós demais onde estaban as súas casas. 
A excursión foi curta pero pasámolo moi ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario