martes, 30 de maio de 2017

Pablo ven a contarnos historias dos bolechas

Hoxe tivemos unha visita especial no cole e é que Pablo, o irmán de Luís, veu a contarnos uns cotiños que nos encantan de "Os bolechas".

Todos estivemos moi atentos mentres Pablo lía e nos ensinaba as ilustracións e incluso cando rematou lle pedimos que seguise contando mais contos.

Moitas grazas por vir Pablo, esperamos que regreses pronto ó cole con mais libros.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario