venres, 19 de maio de 2017

Realidade aumentada con Quiver


Hoxe pintamos un debuxo dun dinosauro, cada cal pintouno como máis lle gustaba, parecía un debuxo calquera, pero todo cambiou cando o vimos a través da tablet, e é que o noso dinosauro cobraba vida e incluso podíamos xogar con el a tirar uns penaltis a portería. Foi todo un descubrimento.
Todos vos dende as vosas casas podedes facer o mesmo con este ou outros debuxos que podedes descarga de xeito gratuíto dende a seguinte paxina  http://www.quivervision.com/  e logo visualizar ca aplicación Quiver, ben dende a tablet ou dende o móbil.
Animámosvos a facelo xa que os nenos gozaron un montón

Ningún comentario:

Publicar un comentario