Ó longo desta semana estivemos preparándonos para a conmemoración das Letras Galegas.
Este ano o día das Letras Galegas adicámosllo a Carlos Casares, escritor galego nacido en Ourense, e no cole leemos tres libros infantís deste autor como son:
"A galiña azul", "As laranxas mais laranxas de todas as laranxas" e "Lolo anda en bicicleta".
Ademais na rede puidemos ver algúns traballos realizados nalgúns colexios sobre estes libros como son os seguintes.
Por outro lado no cole preparamos o panel das Letras Galegas para poñer no paseo da Calzada de Cambados. O motivo do panel deste ano foi a Galiña Azul de Carlos Casares e nos traballamos pintando o fondo do panel de cor amarelo, logo os nenos de 4 e 5 anos encargáronse da decoración da galiña.
Así de bonito nos quedou o panel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario