mércores, 24 de xaneiro de 2018

Hoxe Tomás trouxo a mochila viaxeira de regreso á escola e ensinounos o traballiño que fixo sobre ela. 
¡Bo traballo familia!





martes, 23 de xaneiro de 2018

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS: SAÍDA Ó TEATRO

Estimadas familias:

Hoxe enviamos unha autorización para as familias para poder asistir o Mércores 7 de febreiro de 2018 ó Auditorio da Seda Afundación en Pontevedra para ver o espectáculo "A nena e o grilo nun barquiño".

Rogamos que reenviedes a autorización asinada o vindeiro Venres, 26 de xaneiro de 2018.

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS: DÍA DA PAZ

Estimadas familias:

   Hoxe enviouse á casa unha nota na que pediamos a vosa colaboración para a Conmemoración do Día da Paz e da Non Violencia (30 de xaneiro de 2018) para elaborar unha exposición no patio cuberto da escola.

A actividade consiste en escribir sobre unha cartolina branca (que se adxunta) unha palabra en galego relacionada coa paz, así como decorala o máis plasticamente posible.

Con todas as palabras que recademos, faremos unha fermosa exposición no patio cuberto que permanecerá ate o venres 2 de febreiro.

Menuda sorpresa nos esperaba hoxe o chegar o colexio, xa que despois dun longo período de vacacións en Colombia por fin Django volveu a escola, moito o botamos de menos todos estes dias.

¡Benvido Django!


 


Como xa sabemos moitas cousas sobre o espazo hoxe puidemos xogar ás adiviñas. Só con tres características fomos capaces de descubrir que o que que se escondía detrás da adiviña era a Lúa. Ademais aproveitamos para decorala dun xeito diferente. Así de ben nos quedou.



luns, 22 de xaneiro de 2018

Hoxe xogamos a ser investigadores de números. Primeiro tiñamos que escoller un numero e sacalo da súa casa. Logo, unha vez que cada un de nos tiña un número, un por un fomos dicindo como se chamaba ese numero, porque números estaba composto e en que casa vivía. Por ultimo colocabamos o numero no seu sitio.
O xogos saíunos de marabilla e é que somos uns grandes investigadores.













venres, 19 de xaneiro de 2018

Hoxe volvía a ser un día especial e é que Manuel cumpria 5 anos. 
¡Felicidades Manuel!











mércores, 17 de xaneiro de 2018

Hoxe Hugo viña moi contento ó colexio e con ganas de ensinarnos o traballo que fixera xunto coa súa familia sobre a mochila viaxeira. ¡Moi bo traballo!







Logo tamén nos mostrou uns regalos dos seus papas: unhas zapatillas da Guerra das Galaxias e unha revista que estivemos ollando na aula.





Por outro lado hoxe tiñamos bo tempo para facer a rutina dos mércores do composteiro e a quenda de encargado de composteiro foi hoxe para Joel.