martes, 23 de xaneiro de 2018

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS: DÍA DA PAZ

Estimadas familias:

   Hoxe enviouse á casa unha nota na que pediamos a vosa colaboración para a Conmemoración do Día da Paz e da Non Violencia (30 de xaneiro de 2018) para elaborar unha exposición no patio cuberto da escola.

A actividade consiste en escribir sobre unha cartolina branca (que se adxunta) unha palabra en galego relacionada coa paz, así como decorala o máis plasticamente posible.

Con todas as palabras que recademos, faremos unha fermosa exposición no patio cuberto que permanecerá ate o venres 2 de febreiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario