Este curso escolar participamos no programa "Nos tamén creamos" do Plan Proxecta.
Para iniciarnos neste proxecto hoxe creamos un taumatropo que é un xoguete que reproduce o movemento mediante dúas imaxes.
Nun circulo de cartolina, que levaba impreso por un lado un bote, os nenos tiñan que facer polo outro lado un debuxo e logo como por arte de maxia ó xirar ese circulo podíamos ver o obxecto, persoa, etc. dentro do bote.
Gustounos moito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario