martes, 23 de xaneiro de 2018

Menuda sorpresa nos esperaba hoxe o chegar o colexio, xa que despois dun longo período de vacacións en Colombia por fin Django volveu a escola, moito o botamos de menos todos estes dias.

¡Benvido Django!


 


Como xa sabemos moitas cousas sobre o espazo hoxe puidemos xogar ás adiviñas. Só con tres características fomos capaces de descubrir que o que que se escondía detrás da adiviña era a Lúa. Ademais aproveitamos para decorala dun xeito diferente. Así de ben nos quedou.



Ningún comentario:

Publicar un comentario