A semana pasada empezamos a explicarvos en que consistían as tarefas de encargado. A primeira que realizaba o comezar a xornada era ver os nenos que estaban no cole e cales na casa, logo teñen que contar os nenos que hai no cole e na casa para poñer o numero correspondente e a seguinte tarefa consiste en poñer o día da semana no que estamos.
Por outro lado continuamos traballando co Pitiño Branco e empregando diversas técnicas plásticas para completar o noso conto.
Ademais practicamos outras técnicas plásticas como a estampadiño das nosas mans e tamén practicamos o trazado vertical.
Esta semana tamén preparamos os nosos cestiños para gardar as castañas o día do magosto. Mirade que chulas nos quedaron.
E para rematar deixámosvos unhas fotos dos peóns que decoramos na nosa casa para a exposición de peóns que celebramos no cole. Quedáronvos moi bonitos. Grazas pola vosa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario