Ás tarefas que vos fomos indicando que realizaba o encargado do día hai que sumarlle a tarefa de poñer o tempo que fai cada día: se fai sol, se esta nubrado, se chove, etc.
Como podedes ver, seguimos traballando a reo no noso conto do Pitiño Branco. Esta semana tocounos estampar a nosa man para facerlle a ala ó pitiño
Se a semana pasada tiñamos a exposición de peóns no cole, esta semana contamos ca exposición de xogos populares para celebrar o día universal do neno.Non queriamos quedar sen probar isos xogos, por iso cada día colliamos uns poucos e xogabamos con eles na nosa aula.
E como ben sabedes o 25 de novembro celebrase o día internacional da eliminación da violencia contra a muller, por iso fixemos uns carteis coas nosas mans e a palabra NON que colocamos no corredor do colexio. Ademáis pintamos entre todo o cole unha porta violeta, como dí a canción de Rozalén.
Para rematar deixámosvos unha foto do mural que fixemos para representar un dos dereitos dos nenos “dereito á educación” xa que o venres 20 de novembro celebrouse o día universal do neno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario