venres, 8 de novembro de 2019

Xogando tamén se aprende

Todos os días, nada mais chegar ó cole, nomeamos o encargado do día. Este é o responsable de realizar varias tarefas ó longo da mañá, e a primeira delas e ver os nenos que están no cole e os nenos que quedaron na casa. Aquí vos deixamos algunha fotos dos encargados desta semana.









Para os nenos e esencial aprender xogando e manipulando, por iso un dos xogos que fixemos esta semana consistía en buscar diferentes pezas dunha cor indicada. Non cabe dubida de que o fixeron estupendamente.
















Por outro lado seguimos traballando no noso libro do Pitiño Branco, enseguida veredes o bonito que nos está quedando.




















Esta semana tamén levamos para a nosa casa as mascaras de cabazas que fixemos para celebrar o 
Samaín. ¡Estábamos terroríficos con elas postas!







Tamén traballamos a motricidade fina xogando a coller pompóns con diferentes tipos de pinzas e traballando coa plastilina.






Por suposto sempre hai tempo para o xogo no patio onde o pasamos xenial cos demais compañeiros.




E para despedir este semana tivemos unha visita especial, xa que veu a coñecernos ó cole Aitana, o bebe da profe Sonia






Ningún comentario:

Publicar un comentario