xoves, 26 de xaneiro de 2017

A mochila viaxeira

Esta semana comezará a pasarse polas casas dos nenos da clase rosa a mochila viaxeira. Esta mochila levaraa cada venres un neno para a súa casa e regresará ó cole o venres seguinte.



A mochila está composta por unha serie de libros e audiovisuais que foron seleccionados polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo da Biblioteca do noso colexio como son:






Ademáis dentro da mochila temos un caderno de bitácora para que poidamos debuxar e escribir como foi a nosa experiencia coa mochila viaxeira.

Que ganas temos de que a mochila chegue a nosa casa!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario