Hoxe Paula e Luís traíannos unhas sorpresiñas ó cole.
Paula coa axuda da súa familia preparounos unha caixa moi chula, se xa por fora nos gustaba cando a abrimos quedamos abraiados.
Despois de Paula tocoulle a quenda a Luís que nos traia unhas imaxes super chulas que buscara con seus pais na rede. Con todas elas fixemos un mural moi chulo.
Como todos os dias estivemos moi atentos a como ía evolucionando o noso ovo e a cría que ten dentro, estamos case seguros de que é un dinosauro.
Por último deixamos unhas fotos do novo recanto que creamos no corredor do colexio con contos de dinosauros que atopamos na biblioteca do colexio.
Ningún comentario:
Publicar un comentario