Como todos os días entramos correndo na escola para ver como está o noso ovo.
Hoxe por fin a nosa cría, porque se algo ten claro Hugo e que de ahí vai a saír unha cría, e así o instaurou xa entre todos os seus compañeiros, asomou o peteiro. Podemos ver que a cría e de cor verde, pero iso segue sen darnos máis pistas que a de rexeitar que sexa un pitiño, xa que de cor verde pode ser un peixe, unha tartaruga, un crocodilo, un dinosauro, etc.
Esperamos ter máis pistas para saber por fin que animal é a nosa cría.
Ningún comentario:
Publicar un comentario