Levamos días falando de que novo proxecto queremos iniciar, e entre todos chegamos ó acordo de estudar os DINOSAUROS.
Para comezar o proxecto recollemos unha serie de información sobre o que
sabemos sobre os dinosauros e o que queremos saber. As aportacións foron as seguintes:
¿Que sabemos sobre os dinosauros?
- Xavi: que fan ¡buaghh!
- Lia: dan medo
- Manuel: son animais.
- Hugo: Hai tiranosaurios rex, triceraptos, etc. O tiranosaurio come a todos, dan moito medo e pápanos.
- Aldhara: os dinosauros fan pis coma nos.
- Hugo: e nacen de ovos.
- Tomás: os dinosauros pelexan.
- Lia: e xogan á pelota.
- Amy: comen.
- Lia: si, comen herba e leitugas.
- Hugo: comen carne tamén.
- Xavi: tamén comen patacas.
- Hugo: e comen libros
- Aldhara: no, comen herba
- Hugo: o triceraptos come herba. E os dinosauros tamén comen pedras por iso teñen uns dentes durísimos.
- Lia: os dinosauros non morden.
- Hugo: no, non morden pero rabuñan.
- Manuel: son moi grandes.
- Leo; si, teñen unhas patas grandes.
- Lia: corren moito
- Hugo: non, corren pouco.
- Xavi: corren a toda mecha.
- Hugo: non, corren despacio, menos o Rex que corre rapidísimo e tamén escalan as árbores.
- Hugo: pero os dinosauros xa están mortos. Morreron e convertéronse en elefantes, rinocerontes, etc.
¿Que queremos saber sobre os dinosauros?
- ¿Como nacen?
- ¿Por que morreron? ¿Fai cantos anos?
- ¿Cantas clases de dinosauros hai?
- ¿Que comen?
- ¿Por que pelexan?
- ¿Como son?
- ¿Teñen alas, saben nadar?
- ¿Canto miden?
- ¿Canto pesan?
Unha vez recollida esta información pedímosvos axuda:
Queridas familias:
No
noso cole estamos a traballar “Os
dinosaurios” (como son, o que comían, onde vivían, como nacían, como
era o seu corpo, os seus nomes…) e eu quero aprender moito sobre eles.
É
por iso, que necesitamos da vosa axuda para dar comezo o noso proxecto e recoller información a través de:
contos, películas, revistas, internet, fotografías, papás e mamás que coñezan o
tema… e así tráelo a nosa aula para poder enseñarllo os meus compañeiros e
compañeiras e aprender todos xuntos. Asi pois, poñemonos a investigar!
Moitas
grazas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario