Hoxe cando chegamos á escola tiñamos unha sorpresa esperándonos no corredor, un par de ovos, un para cada unha das aulas de 4º de EI.
Como no cole non temos unha incubadora onde poñer os oviños, para que o que haxa dentro deles poida seguir medrando, metémolos en agua quentiña e ó longo dos dias iremos vendo que procesos vai sufrindo este ovo e que é o que nace del.
Para comezar, despois de meter o ovo en agua, fixemos hipóteses sobre o que podería nacer del.
Entre todos dixemos que do ovo podería saír un pitiño, un paxariño como por exemplo un periquiño, unha tartaruga, un peixe, un crocodilo, unha serpe, un dinosauro, etc.
Cando estabamos falando de todo isto algunhas das aportacións dos nenos foron:
Manuel: un periquiño non pode ser, xa que meu pai ten periquiños pero os ovos son mais pequenos.
Hugo: unha serpe tampouco pode ser, xa que as serpes son tóxicas e non a podemos ter aquí.
Angela: queremos que sexa un dinosauro.
Por agora non temos mais pistas para saber que nova mascota imos a ter na clase, o único que sabemos é que é un animal que nace dun ovo, veremos se ó longo da semana descubrimos algo mais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario